Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA COA COLABORACIÓN DA AVV ROSA DOS VENTOS DE SEDES O FORO DO EMPRESARIADO DO CONTORNO RURAL: COLABORACIÓN E DESENVOLVEMENTO
O evento terá lugar no local social municipal da parroquia de Sedes o día 29 de outubro ás 20.00 horas
Narón, 15 de outubro de 2020. O Concello organiza, a través da concellería de Promoción Económica dirixida por José David Pita Breijo e coa colaboración da A.VV Rosa dos Ventos da parroquia de Sedes, o primeiro Foro do Empresariado do contorno rural: Colaboración e desenvolvemento. Na presentación do evento participou xunto ao edil de Promoción económica, o presidente da AVV Rosa dos Ventos, Manuel Ángel Rico González. Un dos obxectivos prioritarios é propiciar un espazo de encontro no que o empresariado da zona rural de Narón poida establecer vínculos de coñecemento mútuos e acadar colaboracións que favorezan novas liñas de traballo e contribúan a fixar a actividade empresarial na zona. Este Foro terá lugar o día 29 de outubro ás 20.00 horas nas instalacións do local social municipal da parroquia de Sedes e contará cun aforo máximo segundo a normativa sanitaria. Pita agradeceu a colaboración e traballo da asociación veciñal nesta iniciativa co desexo de que os resultados acadados posibiliten que sexa a primeira de moitas edicións máis. Pola súa parte, o presidente da asociación Rosa dos Ventos en nome da entidade agradeceu ao Concello a posta en marcha deste foro do que esperan sacar boas ideas que redunden en beneficios para o futuro da actividade empresarial e dos traballadores e traballadoras da zona rural de Narón.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es