Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DOS CURSOS DE "LIMPEZA INDUSTRIAL" E "SOLDADURA MIG/MAG" PODERÁ RECOLLER OS DIPLOMAS NO CENTRO MUNICIPAL DE FORMACIÓN IRMÁS FROILAZ
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que persoal do Concello comunicará ao alumnado o día no que poderá recoller o diploma
Narón, 3 de novembro de 2020. As persoas que realizaron os cursos de Limpeza industrial –entre marzo e outubro deste ano- e Soldadura MIG/MAG –de febreiro a outubro- convocados a través do Programa Municipal de Formación recibirá nos vindeiros días os seus diplomas no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz. Así o indicou a concelleira de Formación, Natalia Hermida, que explicou que “debido ás actuais restricións derivadas da alerta sanitaria non se poderán entregar de forma presencial os diplomas destes cursos, que se suspenderon temporalmente tamén debido á Covid-19 pero que xa remataron dezanove alumnas e alumnos”. Persoal do Concello informará telefonicamente a quen realizou estas accións formativas para indicarlle o día no que poderá pasar a recollelo, cumprindo con todas as medidas sanitarias –uso de máscara, mantemento da distancia de seguridade, hixienización de mans…-. O curso de Limpeza industrial tivo unha duración de 290 horas, e o de Soldadura MIG/MAG de 440, en ambos casos incluídas as prácticas que o alumnado realizou nas empresas. Hermida agradeceu unha vez máis “a indispensable colaboración das empresas para poder levar a práctica os contidos teóricos destas accións formativas”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es