Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA ANUNCIOU A APLICACIÓN DENDE O VINDEIRO VENRES DE NOVAS MEDIDAS ANTI COVID-19
As novas restricións afectarán na comarca aos concellos de Narón, Ferrol, Fene, Neda, Ares e Mugardos, sumándose estes dous últimos ao peche perimetral que se mantiña dende o pasado venres nos outros catro municipios
Naron, 4 de novembro de 2020. A Xunta de Galicia anunciou este mediodía unha ampliación das limitacións establecidas dende as autoridades sanitarias con motivo do avance da pandemia pola Covid-19 e que entrarán en vigor o vindeiro venres, día 6, ás 15.00 horas e inicialmente manteranse durante un mes. A falta de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia máis polo miúdo, avanzouse que se mantén o peche perimetral xa en vigor en Narón, Ferrol, Neda e Fene, no que dende o venres entrarán tamén os concellos de Ares e Mugardos, permitíndose a circulación entre eles pero non fóra dos mesmos a non ser que sexa atendendo ás excepcións contempladas na normativa actualmente vixente. Así mesmo, dende o venres pechará a hostalería, manténdose unicamente o servizo a domicilio e de venda de comida para levar; limítanse as saídas de persoas usuarias de residencias de maiores, mantendo as visitas; os aforos nos centros comerciais e comercios serán dun tercio en zonas comúns e do 50% no interior dos mesmos; o transporte público non escolar reduce o seu aforo ao 50% en asentos e 25% de pé; a práctica deportiva permitida é só a individual e os cines, teatros e auditorios terán un aforo de 30 persoas no interior e un máximo de 75 no exterior. Os desprazamentos por motivos laborais, educativos, de coidados de persoas e sanitarios están permitidos.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es