Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O XURADO DO CERTAME "VILAS EN FLOR" RECOÑECE O MANTEMENTO, DESEÑO E XESTIÓN DOS ESPAZOS VERDES DA CIDADE CON DÚAS "FLORES DE HONRA"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, valorou a concesión deste galardón, co que se recoñece o labor que se leva a cabo dende o Concello para o mantemento das zonas verdes e impulsar novos proxectos nesta área
Narón, 4 de novembro de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, participaron esta mañá vía telemática no acto de emisión do fallo e entrega de galardóns da terceira edición do certame Vilas en Flor, no que participou o Concello. Estiveron tamén no citado acto virtual, entre outros, o director do certame, Pedro Calaza, e a directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, Isabel Aguirre. No transcurso da convocatoria, que deu comezo ás 12.00 horas, anunciouse que a Narón se lle concederon dúas “Flores de honra”, atendendo aos criterios establecidos que valorou un xurado especializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. No certame o xurado valorou o elevado número de parques que ten a cidade “extremadamente coidados” e a gran superficie reservada a zonas verdes no termo municipal. Así mesmo, destacaron o paseo litoral da ría, “moi coidado e conectado coas áreas poboadas por diferentes accesos” e as rutas de sendeirismo, entre outros aspectos. A mellora ambiental, social e económica dos concellos e a dinamización do sector do paisaxismo e a ornamentación son algúns dos obxectivos do programa “Vilas en flor”. A alcaldesa valorou a concesión deste distintivo á cidade, a través do que se recoñece, indicou “o intenso labor que se leva a cabo durante todo o ano para manter en condicións óptimas as zonas verdes da cidade e incluso incrementalas con novos proxectos, algúns xa materializados e outros nos que estamos traballando, como a unión dos paseos de Freixeiro e Xuvia polo borde litoral, entre outros vencellados á xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá”.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es