Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLEU ESTA MAÑÁ O PROGRAMA DE ACTOS ORGANIZADO CON MOTIVO DO CORRELINGUA 2020
A cita retransmitiuse vía telemática para os centros de Narón e comarca e tamén doutros municipios galegos, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 5 de novembro de 2020. O Pazo da Cultura de Narón acolleu hoxe a vixésima edición do Correlingua, unha proposta de carácter lúdico-educativo impulsada pola CIG Ensino A Mesa e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, ademais de administracións públicas, entre elas o Concello de Narón. A cita desenvolveuse vía telemática, debido á actual situación sanitaria, retransmitíndose as actuacións programadas dende o propio Pazo aos centros da cidade, comarca e doutros concellos galegos. “Vinte coa lingua!” foi o lema elixido para a actual edición desta convocatoria, que deu comezo ás 11.30 horas cunha presentación da actriz galega Isabel Risco, que leu o manifestó gañador do Correlingua, realizado por alumnado de terceiro curso da ESO do CPI de Zas. A continuación tivo lugar a actuación de Cé Orquestra Pantasma e de A Gramola Gominola, para pechar a convocatoria sobre as 12.30 horas. Dende o Concello de Narón a edil de Ensino, Mercedes Taibo, recalcou que este evento representa “unha gran oportunidade para reivindicar o uso da nosa lingua e contribuír a manter vivo este gran patrimonio tamén nestes momentos, sensibilizando á poboación na importancia de defender o uso do galego” e felicitouse á organización do mesmo polo traballo realizado.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal