Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO APOIA A INICIATIVA DE A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA PARA CREAR UNHA CANLE XABARÍN CLUB NA TELEVISIÓN DE GALICIA
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que a partir de mañá se recollerán sinaturas en apoio a esta iniciativa na Biblioteca municipal
Narón, 5 de novembro de 2020. O Concello de Narón sumouse á iniciativa de A Mesa pola Normalización Lingüística para crear unha canle Xabarín Club na Televisión de Galicia, dispoñendo así de programación para público infantil e xuvenil en galego. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que A Mesa, a través dunha proposición parlamentaria por Iniciativa Popular trata de que esa proposta a asuma algún dos grupos do Parlamento galego para proceder ao seu debate, para o que se require un número mínimo de sinaturas. Co fin de reunir parte desas sinaturas necesarias, están a disposición da cidadanía uns pregos que se poden asinar a partir de mañá na Biblioteca municipal –no horario de apertura- en apoio a esta iniciativa. As persoas que desexen consultar máis información poden facelo a través do enlace: https://www.amesa.gal/xabarin.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es