Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMPLÍA O PARQUE MÓBIL DO SPEIS CUN NOVO VEHÍCULO DE APOIO TÉCNICO QUE OFRECE GRANDES PRESTACIÓNS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, desprazáronse ás instalacións do Speis, no polígono de Río do Pozo, donde xa está operativo o novo camión
Narón, 18 de novembro de 2020. Os profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón dispoñen dun novo camión para realizar o seu labor e que completará o parque móbil do citado servizo municipal. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, desprazáronse esta mañá ás instalacións do Speis, no polígono de Río do Pozo, donde xa está operativo o novo vehículo, un Mercedes modelo Atego 927 con denominación F (Fire) e características específicas para o uso de corpos de bombeiros. O camión ten capacidade máxima de peso de case dez toneladas e unha potencia de 270 cabalos. “O vehículo completará as unidades operativas do Speis asignadas á área de intervención, tendo a denominación de vehículo de apoio técnico e co cometido de servir de apoio ao resto de unidades das que dispoñen na actualidade”, apuntou a alcaldesa. O novo camión completará un parque móbil que integran na actualidade unha bomba urbana e outra forestal lixeiras, unha autoescada extensible automática con altura operativa ata 32 metros, outra autoescada extensible automática para accesos a zonas vulnerables con altura operativa ata 20 metros, un vehículo de apoio técnico, unha unidade de mando e xefatura, outra de inspección e prevención e unha terceira de dirección executiva. O novo vehículo adquirido polo Concello está distribuído en sete áreas funcionais: de protección respiratoria e equipos loxísticos, de ventilación táctica, de intervención con substancias perigosas, para rescate en medios de transporte, para traballos de corte, demolición e perforación, para traballos en medios naturais e altura e outra para traballos en estruturas colapsadas. A maiores, tal e como se indicou, no teito ten un carro abatible porta escadas que permite manexar o equipo dende o chan sen ter que expoñer o persoal e subir a puntos elevados. A maiores, dispón de equipos complementarios que permiten reforzar a súa versatilidade, como un sistema para arrastrar e asegurar pesos por riba dos 5.000 quilos, un mástil de iluminación para aportar visibilidade nun radio de 40 metros en 360º extensible, automático e robotizado e unha rampa elevadora na parte traseira con capacidade para elevar 2.000 quilos. “Coa adquisición deste camión completarase a capacidade de resposta do Speis de Narón ante todo tipo de intervencións propias do servizo de bombeiros, punteiro tanto en medios como en tecnoloxía”, subliñou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal