Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MELCHOR BALSERA MALDONADO, VECIÑO DE BADAXOZ, GAÑADOR DO "XII CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN"
O acto de entrega de premios que presidirá a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, terá lugar o vindeiro luns, Día de Narón, nas instalacións do Pazo da Cultura
Narón, 19 de novembro de 2019. O xurado que valorou as obras do “XII Concurso de Pintura Cidade de Narón” fixo público o fallo do certame, no que o primeiro premio, dotado con 3.000 euros, recaeu en Melchor Balsera Maldonado, veciño de Badaxoz, por unha obra que presentou sen título. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, indicou que a esta edición do concurso se presentaron un total de 26 obras, das que o xurado seleccionou 23. Así mesmo, os integrantes do xurado concederon unha mención especial, sen dotación económica e con posibilidade de compra á obra “Novus ordo seclorum”, de Verónica Estefanía Bueno Salgado, veciña de Cidade Real. Un ano máis, fallouse tamén o Premio Especial Francisco Criado, dirixido a artistas amadores e enmarcado no “XII Concurso de Pintura Cidade de Narón”. Este ano presentáronse oito obras e o premio foi para “Tauros”, do naronés Víctor Manuel Rodríguez Saavedra, que recibirá un premio en metálico de 500 euros. O vindeiro luns día 23, coincidindo co Día de Narón, festividade local, terá lugar o acto oficial de entrega de premios nas instalacións do Pazo da Cultura ás 18.00 horas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá o acto de entrega, ao que tamén asistirán, entre outros, o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo e os gañadores do primeiro premio e do especial Francisco Criado. Están convidados ao acto –con aforo limitado debido ao protocolo derivado da situación sanitaria- os portavoces dos grupos políticos da corporación local e tamén os integrantes do xurado, representantes da AVV San Xiao, así como familiares do finado pintor naronés Francisco Criado. O xurado desta edición estivo presidido polo escultor e pintor Manuel Patinha e entre os vocais estaban os artistas plásticos Jesús Basterrechea e Víctor García. Os traballos presentados ao certame poden verse xa na entrada do Pazo da Cultura -de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas de luns a venres e os sábados de 10.00 a 14.00- , donde permanecerán expostos ata o día 23 de novembro. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a calidade dos traballos presentados e felicitou de antemán aos participantes nesta edición, mencionando especialmente aos premiados.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal