Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PRESENTOU HOXE A PÁXINA WEB DA CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
O edil de Promoción Económica, David Pita, explicou o contido e os obxectivos desta nova ferramenta municipal a través da que se promocionarán o sector industrial, comercial e de servizos
Narón, 19 de novembro de 2020. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou esta mañá a páxina web da citada área nun acto programado no Concello e que se puido seguir a través da plataforma Zoom. O edil explicou que o resultado “é froito de máis dun ano de traballo” e destacou a importancia de promocionar o sector industrial, comercial e a área de servizos de Narón a través desta nova ferramenta. A web, á que se pode acceder dende a dirección: business.naron.es e que conta tamén cun Facebook propio e pode consultarse dende calquera dispositivo, está operativa e servirá tamén de base, tal e como apuntou Pita, para promocionar a cidade e os seus potenciais en diferentes eventos. “Queremos dar unha visión de todo o que ofrece Narón para atraer novas empresas á cidade”, explicou, incidindo en que se trata dun espazo web “sinxelo e claro, que permite a calquera iniciativa empresarial dispoñer en tres idiomas –galego, castelán e inglés- de información concisa e práctica do Concello”. Na web, segundo explicou, diferéncianse tres sectores económicos, tamén por tamaño, as pemes ou grandes empresas e fíltranse espazos dispoñibles, tanto en locais comerciais como en polígonos industriais. “Esta información estará actualizada permanentemente”, asegurou. Na páxina infórmase tamén sobre as axudas que se ofrecen dende o Concello, como o programa Doing Bussines e destácanse as comunicacións, servizos complementarios e outros medios ao alcance das empresas asentadas ou que queiran asentarse no termo municipal. “Narón tamén ofrece servizos, porque dispoñemos de tres polígonos, As Lagoas, A Gándara e Río do Pozo, que contan con toda a infraestrutura necesaria para desenvolver diferentes sectores de negocio e que se complementan cun amplo sector comercial, un centro comercial e unha variada oferta hostaleira, entre outros”, apuntou Pita. O edil agradeceu a colaboración que ofreceron as asociacións Cofer, AJE Ferrolterra e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra á hora de deseñar esta páxina web e indicou que está aberta a posibles suxerencias co fin de actualizala e ofrecer ás persoas que visiten a páxina toda a información que precisen.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal