Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA OS ESPECTÁCULOS "FEMINISSIMA" E "OS BOLECHAS E A PORTA DOS CAMIÑOS" E O CONCERTO DE "MAD MARTIN TRÍO"
Dos tres espectáculos programados tan só quedan as últimas entradas a día de hoxe para o do venres, o concerto da banda "Mad Martin Trío"
Narón, 25 de novembro de 2020. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana tres espectáculos. O primeiro deles terá lugar este venres, día 27, ás 20.30 horas, “Mad Martin Trío”, unha proposta musical de classic rock&rockabilly a cargo da compañía Sonaxe Producións. Este trío musical debutou no ano 2014 coa canción “It was a very good year” e agora presentan “Tornado”, un vinilo financiado cunha exitosa campaña de crowfunding grabado en Barcelona. O público poderá escoitar temas propios e algunhas versións como “Tornado”, de los Jiants, que dá título ao disco e unha das favoritas da banda, integrada por Martín Esturao (voz e guitarra), Francisco Sieira (batería e coros) e José Miguel Martínez (contrabaixo e coros). As últimas entradas poden aínda adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e menores de 14 anos. O sábado terá lugar ás 20.00 horas o espectáculo “Feminíssimas”, da compañía De Ste Xeito Producións, para o que están esgotadas as entradas, ao ter un aforo limitado nas instalacións a 50 persoas. Trátase dunha comedia dirixida a público adulto cuxa temática xira en torno a un congreso feminista que se celebra na cidade de Vigo e no que as protagonistas son tres amigas da adolescencia. Así mesmo, tamén están esgotadas as prazas dispoñibles para ver este domingo no Café Teatro do Pazo a obra “Os Bolechas e a porta dos camiños”, da compañía Bolanda e que dará comezo ás 18.00 horas. Esta proposta está organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través da Rede de Dinamización Lingüística, na que está inserido o Concello de Narón.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es