Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REXISTROU UN TOTAL DE 484 SOLICITUDES DAS AXUDAS DO PROGRAMA "PEL REACTIVA-CONCELLO DE NARÓN"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que a listaxe provisional de admitidos, excluídos e solicitudes pendientes de subsanación de datos se publicará na Sede Electrónica do Concello
Narón, 26 de novembro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou que se rexistraron no Concello un total de 484 solicitudes de axuda no marco das axudas do programa “PEL Reactiva-Concello de Narón”, impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración coa administración local. Onte ás 14.00 horas pechouse na Sede Electrónica do Concello naronés o prazo habilitado para tramitar estas axudas, que se abriu o pasado 6 de novembro, segundo recordou a rexedora local. Ferreiro indicou que a Deputación da Coruña destina unha contía global de 457.292, 79 euros á cidade para microempresas e persoal autónomo con ou sen empregados/as ao seu cargo (o cadro de persoal non pode superar os 9 traballadores/as). Nas bases estipulábanse os requisitos establecidos para poder optar a estas axudas, por importe de 1.500, 2.000, 2.500 ou 3.000 euros, en función de cada caso. “Dende o goberno local valoramos as achegas que realizará a administración provincial e que completarán os 1,3 millóns de euros que dende o Concello se abonaron xa a empresas e persoas autónomas da cidade, algo máis de 600, con cargo ao programa municipal “Narón Impulsa” para minimizar o impacto económico da crise derivada da Covid-19”. As axudas convocadas a través do programa “PEL Reactiva-Concello de Narón” poden destinarse á adquisición de material antiséptico ou desinfectante, produtos de hixiene e limpeza, arrendamentos e canons de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións, adaptación dos locais ás medidas preventivas da Covid-19 e primas de seguros e subministros. A alcaldesa recordou que as solicitudes presentadas analizaranse e puntuaranse “seguindo os criterios de valoración que estipulou a Deputación da Coruña neste programa, iguais para toda a provincia”. Ademais, subliñou que “todas aquelas persoas que presentaron solicitudes deberán estar pendentes da Sede Electrónica do Concello, así como da páxina web e o Facebook, donde se informará no momento en que se publique a primeira resolución provisional, na que aparecerán as empresas admitidas, excluídas e as que teñen que aportar ou subsanar algunha documentación, cos pertinentes prazos para facelo”. Unha vez que se publique o listado definitivo, Ferreiro recordou ás empresas que dispoñen como data tope o 31 de marzo do vindeiro ano para presentar as facturas xustificativas referidas aos conceptos de gastos que lle foron subvencionados, para posteriormente abonarlle o importe que corresponda.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal