Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN GALLEGA DE TRASPLANTADOS DE MÉDULA ÓSEA E A ASOCIACIÓN EXALCOHÓLICOS FERROLTERRA
Marián Ferreiro recibiu da presidenta de Asotrame, Cristina Piñeiro, un agasallo en agradecemento á colaboración do Concello na iniciativa "La carrera que nunca para: kilómetros de vida", celebrada o pasado mes de setembro con gran éxito
Narón, 27 de novembro de 2020. A alcaldesa asinou novos convenios de colaboración cos representantes da Asociación Gallega de Trasplantados de Médula Ósea (Asotrame), e coa Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra. O convenio con Asotrame asinouse no Concello e no acto estivo tamén presente o edil de Sanidade, Santiago Galego. O importe conxunto destes acordos ascende a 5.000 euros, tal e como indicou a rexedora local. A presidenta de Asotrame, Cristina Piñeiro, valorou o apoio do Concello á entidade e o compromiso manifestado pola alcaldesa para continuar organizando conxuntamente actividades encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas transplantadas de médula ósea, das persoas inmersas nun proceso de cancro hematolóxico e dos seus familiares. “Dende Asotrame realizades un gran labor informativo e de asesoramento pero tamén a nivel emocional para axudar ás persoas con cancro hematolóxico e as súas familias, fundamental para o colectivo e que ademais permite concienciar á poboación en xeral sobre a necesidade de doar médula ósea e de colaborar, ao igual que as administracións, con proxectos de investigación sobre esta enfermidade”, asegurou Ferreiro. Minutos antes da sinatura do convenio, a presidenta de Asotrame entregou ao Concello un agasallo en agradecemento á colaboración na iniciativa “La carrera que nunca para: kilómetros de vida” que se desenvolveu con gran éxito de acollida na cidade o pasado mes de setembro. O edil de Deportes, José Oreona, estivo tamén presente na entrega do agasallo concedido. De xeito telemático asinou a rexedora local o convenio co presidente da Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra, Miguel Fraga. “Un ano máis o Concello colaborará coa entidade no desenvolvemento do programa de Prevención de recaídas, co que persoas da cidade que se atopan en tratamento ambulatorio reciben a axuda precisa para identificar os motivos das recaídas e, deste xeito, recibir por parte da asociación as pautas necesarias para evitalas e afrontalas”, apuntou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal