Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PRESIDIU A TOMA DE POSESIÓN DE DOUS NOVOS AXENTES DA POLICÍA LOCAL DE NARÓN
Marián Ferreiro felicitou aos dous novos policías locais ao tomar posesión do seu cargo e desexoulles o maior dos éxitos na súa función para garantir a seguridade da cidadanía
Narón, 2 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu hoxe o acto de toma de posesión do seu cargo de dous novos axentes da Policía Local, Sara Fernández Bouza e Sergio Manuel Aceña Berlanga. No acto estivo tamén presente o secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o xefe da Policía Local da cidade, Eduardo Pita. Os axentes que asinaron hoxe a súa toma de posesión incorporáronse ao Concello o pasado mes de marzo como axentes en prácticas, para realizar posteriormente a formación práctica nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), ubicadas no concello da Estrada, en Pontevedra. Marián Ferreiro deu a benvida a Sara Fernández e Sergio Manuel Aceña, e destacou o incremento no persoal da Policía Local, ata agora integrado por 36 axentes e que no último ano se incrementou con tres máis. “Coa incorporación dos dous policías e un terceiro que tomou posesión hai uns meses poderemos reforzar o plantel da Policía Local”, recalcou a alcaldesa, que os felicitou “pola vosa vocación de servizo público, como garantes da seguridade de todas e todos nós, función que aparella unha gran responsabilidade coa cidadanía e para a que vos desexo o maior dos éxitos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal