Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DENUNCIA A IMPROVISACIÓN DA XUNTA A ESCASAS HORAS DA ENTRADA EN VIGOR DAS NOVAS RESTRICIÓNS DO PECHE PERIMETRAL
Marián Ferreiro criticou o feito de que unha vez máis os concellos carezcan da información que precisan para trasladar á cidadanía en tempo e forma
Narón, 3 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, participou esta mañá nunha nova reunión telemática con representantes da Consellería de Sanidade e dos concellos de Ferrol, Fene, Neda, As Pontes, Mugardos e Ares, na que se abordaron as restricións anunciadas na xornada de onte dende a Xunta de Galicia. Ferreiro iniciou a súa intervención manifestando públicamente o seu “malestar polo xeito no que se está tramitando esta situación coas administracións locais”. A rexedora local reiterou a falta de información nos concellos unha vez que se anuncian as restricións sanitarias, co agravante que supón de cara a trasladar información veraz en tempo e forma á cidadanía. “Onte trala comparecencia do presidente da Xunta ninguén nos aclarou, a pesar de preguntalo por diferentes vías, se o peche de Narón ía ser perimetral ou individual e a poucas horas da entrada en vigor das restricións temos aínda moitas dúbidas por solventar porque a Xunta continúa actuando con total improvisación”. “Agradecería que ante este tipo de situacións nos concretasen a letra pequena, cunha chamada telefónica ou do xeito que consideren oportuno porque a día de hoxe, a escasas horas de que entren en vigor esas novas restricións aínda temos moitas dúbidas”, asegurou Ferreiro. Para maior sorpresa, tal e como subliñou, “na xuntanza que mantivemos esta mesma mañá o representante de Sanidade comunicounos que o documento que se publicará no Diario Oficial de Galicia non está rematado, que probablemente ás cinco da tarde nos poidan remitir un borrador porque ata as tres da tarde continúan as reunións telemáticas co resto de concellos”. “A situación desta comarca é moi peculiar, polo que o peche individual implica agravantes noutros sectores a maior do hostaleiro, ao que abrir nesta época do ano terrazas cun 30% de aforo no exterior é como darlle un caramelo”. A maiores, explicou, “onte recibimos queixas de propietarios de establecementos de fotografía, de peluquerías, comercios... moi afectados tamén pola medida e aos que debido a esta improvisación non lles podemos trasladar información oficial sobre as novas restricións, nin sequera a escasas horas de que entren en vigor, co prexuízo que isto supón para todas e todos eles a nivel económico”, denunciou. Ferreiro explicou que a idiosincrasia desta comarca, donde os concellos de Ferrol, Neda e Fene están unidos pola principal vía de comunicación, a estrada de Castela, “consideramos que complicará a efectividade das novas restricións anunciadas”. Finalmente, a alcaldesa recalcou que o Concello de Narón continuará colaborando en todo o posible para tratar de xestionar esta situación do mellor xeito posible.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal