Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE 300 ELEMENTOS NAVIDEÑOS ILUMINAN DENDE HOXE RÚAS, PRAZAS E GLORIETAS DA CIDADE
Marián Ferreiro foi a encargada de premer o dispositivo que acendeu dende a Praza de Galicia o alumeado de Nadal na cidade
Narón, 4 de decembro de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, foi un ano máis a encargada de proceder a acender o alumeado navideño na cidade. A actual situación sanitaria marcou tamén este acto, ao que tan só acudiron portavoces dos grupos políticos do PSOE, David Pita, e BNG, Olaia Ledo, e os edís de Servizos, Ibán Santalla e Benestar Social, Catalina García. Por vez primeira en varios anos non se puido celebrar no recinto da Residencia San José, na parroquia de Piñeiros, debido ás medidas restrictivas aplicadas ao termo municipal pola situación sanitaria. Ás 18.00 horas Ferreiro premía o dispositivo co que se acendían todos os elementos navideños, case 300 repartidos pola zona urbana e rural –arcadas, árbores, grilandas, elementos en farolas e na fachada do Concello…- e que permanecerán acendidos ata o vindeiro 7 de xaneiro, en horario de 18.00 a 01.00 horas, se ben nas xornadas do 24, 25 e 31 de decembro e do 1, 5 e 6 de xaneiro quedará acendido toda a noite, ata o amencer. O alumeado deste ano é totalmente diferente ao de 2019, e levouno a cabo a mesma empresa ao tratarse dun acordo bianual que se rubricou o pasado ano. A veciñanza poderá ver diferentes figuras nas arcadas, como árbores, estrelas, flores, bolas de árbores de Nadal… ademais das xa habituais de “Boas festas” que se instalarán na estrada de Cedeira, nos límites cos termos municipais de Ferrol e Neda e na fachada do Concello. A estrada de Castela, cun total de 71 arcadas, concentrará a maior parte da iluminación, se ben tamén se instalaron arcadas con diferentes motivos navideños nas estradas de Cedeira, A Gándara, O Trece e O Feal (a maiores doutros viais da zona rural), nas avenidas de Santa Icía, Cataluña, A Solaina, na praza 23 de novembro, e nas rúas Concepción Arenal, Rafael Bárez, Santa Tecla e Carvalho Calero, entre outras. O balcón do edificio da Residencia San José, en Piñeiros, tamén se iluminará este ano, e instaláronse ademais elementos ornamentais do Nadal na Praza do antigo Concello de Xuvia, nas farolas da Praza da Gándara, donde tamén haberá unha grilanda de grandes dimensións en lugar dos elementos visitables que se instalaron en anos anteriores para garantir as medidas hixiénicas, e árbores de diferente altura nas prazas 23 de Novembro, Chafarís, da Constitución e Álvaro Paradela, nas inmediacións da glorieta de Freixeiro e da oficina de turismo. Tamén se colocaron grilandas de oito metros de alto con forma de cono e unha estrela na cúpula nas rotondas da estrada de Castela e de Cedeira. Ferreiro indicou que “coa iluminación navideña as rúas da nosa cidade estarán ambientadas para as festas do Nadal, que estarán moi condicionadas polas restricións sanitarias que todas e todos nós debemos cumprir para tratar de frear o avance da Covid-19 e poder avanzar neste proceso de desescalada que tan graves consecuencias acarrea á sociedade en xeral e a varios sectores en particular”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal