Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO "COVID-19: CAMIÑO INGLÉS, CAMIÑO SEGURO" CONVOCADO POLA ASOCIACIÓN DE CONCELLOS DO CAMIÑO INGLÉS
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, animou a participar aos representantes do sector hostaleiro e outro persoal ao que se dirixe a iniciativa
Narón, 7 de decembro de 2020. A Asociación de Concellos do Camiño Inglés, da que forma parte Narón, convoca o curso “Covid-19: Camiño Inglés, Camiño Seguro” dirixido a profesionais do sector hostaleiro, albergues e aloxamentos localizados no tramo do Camiño Inglés e tamén a persoal dos concellos con competencias no Camiño ou en Turismo. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, explicou que o obxectivo desta convocatoria, na que colabora a Deputación da Coruña, é “ofrecer ás persoas que acudan a información necesaria para coñecer e poder implantar os plans de continxencia fronte á pandemia da Covid-19”. As sesións impartiranse no Pazo de Mariñán, no concello de Bergondo, o vindeiro xoves, día 10, e os días 14 e 15 deste mes, podendo anotarse, de balde, só nunha delas. O biólogo e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais Damián Cuadrado será a persoa encargada de impartilas. As prazas están limitadas a un máximo de 25 persoas por sesión e o horario será de 16.00 a 20.00 horas e haberá un descanso, tal e como se indicou dende a organización. Hermida explicou que para anotarse hai que enviar un correo electrónico ás direccións: formacion@intectoma.com ou formacionline2@intectoma.com, ou chamar aos números de teléfono 635 573 214; 699 907 566; 881 966 033; solicitando a participación e facilitando o nome, apelidos e DNI da persoa que realizará o curso e tamén o establecemento ao que pertencen e o día que queren asistir.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal