Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE O VINDEIRO MARTES Á CIDADE
O vehículo localizarase nas inmediacións do centro de saúde do Alto en horario de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 21.00
Narón, 15 de decembro de 2020. Unha unidade móbil para a doazón de sangue desprazarase a vindeira semana, concretamente o martes 22, á cidade. O vehículo localizarase nas inmediacións do centro de saúde –rúa 25 de Xullo- entre as 9.30 e as 14.30 e dende as 16.00 ata as 21.00 horas, tal e como se indicou dende a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Nas unidades móbiles de ADOS, ao igual que nos locais de doazón, o persoal segue exhaustivos protocolos de seguridade con motivo da actual situación sanitaria. Para doar sangue é preciso almorzar e, no caso de xantar, esperar dúas horas. A persoa que vaia doar debe levar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que estea tomando algún medicamento.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es