Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RESPALDOU HOXE NAS SOMOZAS AS REIVINDICACIÓNS DO PLANTEL DA COMPAÑÍA SIEMENS GAMESA
Mairán Ferreiro desprazouse ao concello de As Somozas para respaldar unha vez máis ás traballadoras e traballadores da empresa
Narón, 15 de decembro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o portavoz municipal de Terra Galega, Román Romero, desprazáronse esta mañá ao concello das Somozas para respaldar ás traballadoras e traballadores da empresa Siemens Gamesa, unhas trescentas persoas. O colectivo cumpre hoxe o segundo día consecutivo de folga para denunciar a falta de pedidos na fábrica. O resultado da reunión que hoxe mesmo tivo lugar en Madrid entre representantes do Goberno central, da Xunta, da empresa e dos sindicatos para abordar a situación actual da compañía non ofrece polo momento garantías de continuidade. O pasado mes de setembro Ferreiro presidiu no Concello unha reunión co comité de empresa de Siemens Gamesa e á que tamén acudiron representantes de todos os grupos políticos da corporación local. No transcurso da mesma o colectivo trasladou aos políticos locais a súa preocupación polo incerto futuro da planta das Somozas debido a que remataba a carga de traballo comprometida este mes. No pleno dese mesmo mes de setembro a corporación local deu luz verde a unha declaración institucional amosando o seu apoio ás reivindicacións do colectivo. Así mesmo, o pasado 19 de novembro a rexedora local desprazouse ao Concello das Somozas para acudir a unha xuntanza xunto con outras alcaldesas e alcaldesas de Ferrolterra, Eume e Ortegal e representantes sindicais para crear unha comisión de traballo co fin de reclamar a continuidade da empresa nas Somozas, emitindo un comunicado conxunto en apoio á citada planta. “Unha vez máis subliñamos a importancia da implicación do Goberno central e da Xunta, así como dos responsables da empresa para manter os postos de traballo de Siemens Gamesa, garantindo carga de traballo para a planta das Somozas que é un referente na fabricación de palas para aeroxeradores”, recalcou Ferreiro. Á alcaldesa de Narón instou ás administracións central e autonómica e aos responsables da empresa a “aunar esforzos para garantir a continuidade dunha compañía que no seu día foi punteira e que precisa pedidos e investimentos para adaptar a súa produción aos novos modelos de palas e evitar así un grave problema para as familias das traballadoras e traballadores en particular e para a comarca en xeral”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es