Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA SUMOUSE XUNTO CON REPRESENTANTES DO GOBERNO LOCAL Á CADEA HUMANA PARA DENUNCIAR A SITUACIÓN DAS COMARCAS
Marián Ferreiro denunciou a grave situación que atravesan as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal e incidiu na urxencia de "deixar de pedir e comezar a esixir solucións"
Narón, 17 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, sumouse esta mañá xunto con representantes do goberno local á cadea humana convocada polos sindicatos CIG, CCOO e UGT para denunciar a actual situación de emerxencia laboral, económica e social na que se atopan as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Ás 11.00 horas unha cadea humana comezaba a unir os concellos de Narón e Ferrol pola estrada de Castela, na que participaron representantes políticos, sindicais e tamén veciñas e veciños das tres comarcas. “A situación que están vivindo estas comarcas é crítica, estamos na UCI como ben se dixo estes días, e temos que deixar de pedir e comezar a esixir que as comarcas conten e se acorden de nós”, recalcou Ferreiro, A alcaldesa incidiu en que “entre todas as administracións temos que traballar unidas para intentar sacar desta situación ás comarcas”, ao tempo que manifestou que a actual situación sanitaria derivada da Covid-19 “agravou aínda máis a xa difícil situación que atravesan Ferrolterra, Eume e Ortegal”. A rexedora local coincidiu cos presentes en denunciar a agónica situación que atravesa Navantia, sen carga de traballo a curto prazo e sen o tan demandado e necesario dique flotante; e denunciou a situación pola que pasan as traballadoras e traballadores de Siemens Gamesa, en As Somozas, e de Endesa, en As Pontes, donde perigan centos de postos de traballo de persoal dos planteis, auxiliares e transportistas do carbón. Ferreiro agradeceu a participación na convocatoria de hoxe, que amosa, indicou “a unión destas tres comarcas na procura dun futuro mellor que entre todas e todos temos que esixir”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es