Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA OS TRABALLOS DE DEMOLICIÓN DE DÚAS VIVENDAS RUINOSAS LOCALIZADAS EN XUVIA
O grupo titular dos inmobles terá que asumir os custes da intervención que se acometerá na zona mediante unha execución subsidiaria
Narón, 17 de decembro de 2020. A empresa adxudicataria dos traballos de demolición de dúas vivendas ruinosas localizadas nos números 899 e 901 da estrada de Castela, en Xuvia, iniciou a intervención que permitirá culminar un proceso iniciado hai varios meses. O Concello tivo que realizar unha tramitación que implicou incoar o expediente de declaración de ruina de ambos inmobles, para así solventar unha problemática detectada na zona e que, como tal, trasladaron no seu día as veciñas e veciños ao goberno local. As vivendas son propiedade dun grupo inmobiliario que se atopa no procedemento de execución de títulos xudiciais e para o que resultaron infructuosas as reiteradas notificacións realizadas. Finalmente as vivendas declaráronse como ruinosas, debido ao estado que presentan e o Concello ordenou a súa demolición debido a que supoñen un risco tanto para o edificio anexo como para a propia vía pública. Unha vez demolidas o Consistorio procederá á execución subsidiaria, esixindo ao grupo titular dos inmobles os custes derivados dos traballos que se executarán nos vindeiros días. Dende o Concello incidiuse en que o estado das dúas vivendas “esixía unha actuación inmediata para evitar un posible derrumbe das construcións, o que podería derivar en graves consecuencias”. Co fin de garantir a seguridade na zona, tanto para o tránsito rodado como para o peonil e incluso para o edificio anexo, o Concello instalou uns andamios cunhas redes de protección. O inicio das tarefas de demolición permitirá ao goberno local materializar un compromiso adquirido no seu día coa veciñanza de Xuvia que manifestou a súa preocupación polo estado que presentan as dúas construcións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal