Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DIXITALIZA O REXISTRO XERAL PARA FACER MÁIS ACCESIBLE A ADMINISTRACIÓN LOCAL
Trátase do primeiro paso para poder realizar trámites administrativos a través de Internet
Narón, 11 de Agosto de 2009.- A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, está a desenvolver un sistema integral de xestión informatizada de expedientes administrativos, que forma parte do Plan de Modernización Dixital do Concello. O primeiro paso dado foi a dixitalización do Rexistro de entrada e saída, o que permite a xestión dos expedientes municipais e a eliminación do papel coa incorporación da firma dixital. A dixitalización do rexistro é efectiva dende o pasado 4 de agosto, e do mesmo xeito que o resto dos procedementos administrativos que se levarán a cabo en fases posteriores, realízase a través do programa AUPAC (Automatización do Procedemento Administrativo Común). Posteriormente e ó longo deste ano, está prevista a instalación da ferramenta de administración dixital SIAC, que establecerá un novo canle de comunicación entre a administración e os cidadáns. Este software permitirá ós cidadáns presentar as súas solicitudes ou consultar os seus expedientes dende Internet –a través da web do Concello- sen necesidade de desprazarse á Casa Consistorial. Deste xeito poderáse obter un certificado de empadronamento, ou consultar un expediente urbanístico ou unha obra menor.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal