Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS NO PROGRAMA "NARÓN IMPULSA" DEBERÁN XUSTIFICARSE DURANTE O MES DE XANEIRO NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que xa se pode consultar a documentación destes trámites na Sede Electrónica de Narón
Narón, 26 de decembro de 2020. As persoas autónomas e os responsables de microempresas e pequenas empresas da cidade ás que se lles concedeu algunha das axudas do programa municipal “Narón impulsa” deberán realizar durante o vindeiro mes de xaneiro os trámites oportunos correspondentes á xustificación das mesmas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que na actualidade xa está dispoñible para consulta na Sede Electrónica do Concello –no enlace: https://cutt.ly/8h3zkmP-, donde a partir de xaneiro se poderán xustificar vía telemática. Entre a documentación a presentar está unha declaración reponsable asinada dixitalmente na que debe figurar, entre outra información, a relación de axudas, subvencións e outros ingresos de administracións concedidas ou solicitadas coa mesma finalidade que as do programa “Narón impulsa”, para minimizar o impacto da crise da Covid-19 no sector. A maiores, entre os documentos obrigatorios figuran xunto coa solicitude informativa, un certificado actualizado a xaneiro de 2021 da situación censual; unha resolución/certificación actualizada (tamén a xaneiro de 2021) da alta no réxime correspondente da Seguridade Social da persoa física ou administradora beneficiaria da subvención; no caso de ter empregados/as ao seu cargo, un informe da vida laboral da empresa expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social dos meses posteriores á concesión da subvención e ata este mes de decembro de 2020 e, finalmente, documentación acreditativa da redución da facturación en alomenos un 75% debido á crise da Covid-19. Tanto os datos xerais destes trámites como a lexislación e a documentación pertinentes están dispoñibles na Sede Electrónica do Concello, donde tamén figuran unha serie de modelos, tal e como avanzou a rexedora local, da declaración responsable doutras axudas e demais obrigas e da redución da facturación. “As persoas que obtiveron estas subvencións deben continuar pendentes da Sede Electrónica do Concello, donde se continuará publicando o avance deste procedemento”, explicou Ferreiro. As persoas que queiran realizar algunha consulta ao respecto poden facelo chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1123).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal