Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADA A CUARTA CESTA CON PRODUTOS DE NADAL E VALES DE COMPRA POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 2.800 EUROS DA "CAMPAÑA NADAL 2020"
O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e Susana Oreona, da Asociación de Comerciantes Narón, entregaron hoxe no Concello os derradeiros premios desta campaña
Narón, 4 de xaneiro de 2021. O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e Susana Oreona, da Asociación de Comerciantes Narón (ACN), entregaron esta mañá no Concello a última cesta con produtos de Nadal e os vales de compra sorteados na “Campaña Nadal 2020” organizada polo Concello en colaboración coa ACN. A cuarta e última cesta sorteadas a través desta iniciativa foi para Reyes López. Preto dun centenar de establecementos comerciais da cidade participaron nesta campaña, que se desenvolveu entre os días 1 e 31 de decembro do pasado ano co obxectivo de potenciar as vendas no pequeno comercio local e que repartiu catro cestas con produtos de Nadal e cheques para canxear no comercio local por un importe conxunto de 3.000 euros, entregándose hoxe os dez últimos, por un valor global de 2.800 euros. Así mesmo, entregáronse a Erik Rivas, Aldara Rodríguez e Lola Villarino os vales por importe de 100 euros cada un por participar no concurso de redacción infantil “Fálanos do teu comercio favorito” e a Alba Souto, Iria Cao e Martín Corral outros tres vales polo mesmo importe polos debuxos que realizaron no marco do certame de debuxo infantil “Debuxa o teu comercio favorito”. En canto á clientela que estes días realizou as súas compras nos comercios adheridos a esta campaña, os vales de 300 euros foron para María Isabel Grima e Isabel Parada e os de 500 euros para Carolina Rodríguez e Sara Vellón. Os comercios participantes tamén entraron no sorteo de vales por importe de 200 euros, que recaeron nos establecementos Bioreona, Rocío Rodríguez e Cande Interiorismo. O alcalde accidental de Narón, o edil de Promoción Económica e a representante da Asociación de Comerciantes Narón felicitaron ás gañadoras e gañadores tanto das cestas como dos vales de compra, que deberán gastar nos establecementos adheridos á campaña antes do vindeiro 15 de xaneiro. Sánchez Fojo e Pita destacaron tamén a implicación dos establecementos comerciais da cidade que un ano máis se sumaron a esta iniciativa e tamén o traballo realizado dende a Asociación de Comerciantes Narón.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es