Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ESTE MES Á CIDADE
O vehículo estará nas inmediacións da Praza da Gándara o vindeiro martes, día 12, e o 21 deste mes nas proximidades do centro de saúde do Alto, tal e como se informou dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia
Narón, 5 de xaneiro de 2021. Unha das unidades móbiles da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue desprazarase este mes, concretamente o vindeiro martes 12 e o xoves 21, á cidade. O vehículo localizarase o martes nas inmediacións da Praza da Gándara, na rúa Pintor Soutomaior - entre as 9.30 e as 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas. Na xornada do xoves 21 a unidade móbil estacionará nas inmediacións do centro de saúde do Alto, na rúa 25 de xullo, donde permanecerá de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas. Para doar sangue é preciso almorzar e, no caso de xantar, esperar dúas horas. A persoa que vaia doar deberá presentar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que estea tomando algún medicamento. O persoal tanto das unidades móbiles de ADOS como dos locais de doazón segue estritos protocolos de seguridade con motivo da actual situación sanitaria.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es