Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN EXTRAESCOLAR PROMEDEX E NO DE RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO Á ESCOLA
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que estas actividades se levarán a cabo entre os meses de febreiro e maio
Narón, 14 de xaneiro de 2021. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou que está aberto o prazo para anotarse nas actividades extraescolares do programa Promedex, dirixidas a alumnado escolarizado en centros de ensino de Narón e familias, en función da actividade. A edil indicou que se ofertan obradoiros de inglés para educación Primaria e Infantil, obradoiros de robótica educativa para menores de 8 a 11 e de 12 a 14 anos, escolas de familia e obradoiros de supervivencia doméstica. As inscricións, explicou, deben tramitarse a través do Servizo Sociocomunitario –no primeiro andar do Concello- ou da Sede Electrónica –www.sedeelectronica.naron.es- ata esgotar as prazas dispoñibles. “As sesións desenvolveranse cun máximo de catro persoas, aínda que se abrirá unha lista de espera, debido a que en función da evolución das restricións derivadas da Covid-19 se irán adaptando os grupos ata un máximo de dez persoas no caso de ser posible”, apuntou Taibo. Así mesmo, a edil avanzou que tamén está aberto o prazo, neste caso ata o día 30 deste mes, para que os centros de ensino da cidade poidan solicitar os recursos educativos que oferta o Concello. “Os centros xa están informados de que poden solicitar estes recursos educativos, que se corresponden coas áreas de educación medioambiental, para a saúde e para a igualdade, así como as propostas para coñecer o concello, plenos escolares, convivencias escolares ou sobre ludopatías”, indicou. As persoas que desexen recibir máis información ao respecto poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1111). “Enerxías renovables, consumo enerxético responsable, nutrición saudable, prevención de condutas adictivas, habilidades sociais, corresponsabilidade e sensibilización sobre micromachismos, envellecemento e diversidade funcional, prevención do acoso escolar e plenos escolares son algunhas das temáticas que se abordarán nas actividades en horario lectivo, que se impartirán nos centros de ensino da cidade entre os meses de febreiro e maio”, explicou a concelleira de Ensino. A estas propostas súmanse “os obradoiros de robótica educativa, reforzo educativo, lingua inglesa, supervivencia doméstica e as Escolas de familia, estes dous últimos dirixidos ás familias de Narón e que tamén se impartirán entre febreiro e maio”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal