Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALOU UNHA NOVA CASETA CON DOUS ASEOS NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, destacou que o investimento realizado rondou os 16.000 euros e recalcou que nas instalacións se realizan as pertinentes tarefas de limpeza e desinfección
Narón, 14 de xaneiro de 2021. O paseo marítimo de Xuvia conta cunha nova caseta con dous baños adaptados que permanece aberta dende as 9.00 ata as 21.00 horas. O edil de Servizos, Ibán Santalla, recordou que “este espazo público da cidade conta dende hai varios anos cunha caseta de aseos e tras ter que substituír a colocada inicialmente por unha alugada, ahora xa dispoñemos doutra propia que supuxo un investimento de case 16.000 euros para dispoñer de dous aseos, un para homes e outro para mulleres, totalmente accesibles”. As instalacións permanecen dende o inicio da mesma ubicación. “Consideramos que é un servizo moi necesario nesta zona da cidade, un paseo marítimo, que é frecuentado a diario por moitas persoas”, asegurou Santalla, que explicou que “a diario, se realizan as pertinentes tarefas de limpeza e desinfección que requiren este tipo de instalacións e que se incrementaron con motivo da actual situación sanitaria”. O edil naronés fixo un chamamento á cidadanía para que entre todas e todos “manteñamos en condicións óptimas este tipo de servizos, ao igual que o mobiliario urbán, para que a cidade estea nas mellores condicións”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal