Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO APRAZA A EXPOSICIÓN "OS CINES PERDIDOS DE NARÓN" DEBIDO Á ACTUAL SITUACIÓN SANITARIA
A mostra, na que se poderán ver preto de medio milleiro de pezas dos antigos cines da cidade, poderase visitar segundo as actuais previsións do 5 ao 30 de maio
Narón, 25 de xaneiro de 2021. O Concello de Narón apraza a exposición “Os cines perdidos de Narón” que se ía instalar do 1 ao 24 de febreiro nas instalacións do Pazo da Cultura. A actual situación sanitaria derivada da Covid-19 posporase ao mes de maio, concretamente do 5 ao 30, segundo as actuais previsións. Esta mostra reunirá preto de medio milleiro de pezas expositivas dos vellos cines de Narón: Arizona (O Val); Castro (Castro); Capitol e Avenida (Sedes); Pedroso (Pedroso); Vista Alegre (Doso); Dancing, Urimare, Virgen del Mar e Colón (Santa Icía, A Gándara e Xuvia), datadas entre 1934 e 1990. O material que se exporá foi maioritariamente doado ao Concello por máis de 150 persoas. Proxectores, carteleiras, revistas de cine, cadros, fotografías, entradas, sistemas de son, carretes de películas, butacas… forman parte dese material que se poderá ver o vindeiro mes de maio no Pazo da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal