Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA ALIVIARÁ AS RESTRICIÓNS NA MAIORÍA DE CONCELLOS DA ÁREA CLÍNICA DE FERROL A PARTIR DO VINDEIRO VENRES
En Narón permitirase a mobilidade entre concellos do mesmo nivel, a reunión de non convivintes ata un máximo de catro persoas, reabrirán os centros comerciais a fin de semana e a hostalería con servizo só de terraza e aforo máximo do 50% y hasta las 18.00 horas
Narón, a 22 de febreiro de 2021. O Comité Clínico anunciou hoxe cambios nas restricións derivadas da Covid-19 a partir do vindeiro venres, día 26, nos concellos nos que así o permita a situación asistencial. A nivel autonómico poderanse reabrir os centros comerciais as fins de semana co aforo ao 50%. O Concello de Narón quedará situado dende o venres no nivel 2 -dos tres estipulados pola Xunta, ao ter unha incidencia de entre 250 e 500 casos-, e a maiores das medidas autonómicas verá modificadas outras restricións. En Narón permimitase a mobilidade entre os concellos da área clínica de Ferrol que teñan a mesma incidencia, o que supón que se poderá desprazar a todos menos os de Moeche e Cabanas, ao ter estes dous últimos maiores restricións -as do nivel máximo-. Así mesmo, nos citados concellos da área clínica de Ferrol entre os que se atopa Narón permitirase a reunión con persoas non convivintes ata un máximo de catro persoas; e reabrirá a hostalería con servizo só en terraza e cun aforo máximo do 50% e ata as 18.00 horas. A Comunidade Autónoma manterase pechada perimetralmente e deberán continuar cumpríndose as medidas sanitarias de prevención da Covid-19: uso de máscara, distancia social e hixiene de mans. O conxunto das medidas anunciadas hoxe dende a Xunta publicaranse no Diario Oficial de Galicia antes da súa entrada en vigor.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal