Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN COLABORA COA POLICÍA LOCAL, SPEIS E PROTECCIÓN CIVIL NA CAMPAÑA DE VACINACIÓN DE MAIORES DE OITENTA ANOS QUE SE INICIOU HOXE NO CENTRO DE SAÚDE LOCAL.
O labor de apoio para organizar as entradas e saídas, pola Praza de Galicia, nesta etapa de vacinación das persoas maiores de 80 anos, terá continuidade nos vindeiros días
Narón, 23 de febreiro de 2021. O concelleiro de Seguridade cidadá, Román Romero, informou da colaboración que o Concello de Narón leva a cabo na loxística da campaña de vacinación contra a Covid-19 que se iniciou esta mañá no Centro de Saúde da cidade. Efectivos da Policía Local, SPEIS e persoal de Protección Civil levan a cabo as labores de coordinación de entradas e saídas ao Centro de Saúde de Narón, na Praza de Galicia, no espazo delimitado pola carpa instalada polo Concello donde se distribúe en 6 filas convintemente sinalizadas para ser utilizadas, coas medidas de prevención, distancia e protección pertinentes, polas persoas chamadas a vacunarse nesta quenda de idade de maiores de oitenta anos. Romero incidiu na disposición do Concello para apoiar as accións precisas en beneficio da cidadanía nestes momentos especialmente complexos polas circunstancias sanitarias derivadas da pandemia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal