Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO ONLINE SOBRE "MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS" DIRIXIDO A PERSOAL DO SECTOR HOSTALEIRO
Esta convocatoria diríxese a profesionais do sector da hostalería de Narón, tal e como avanzou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita
Narón, 26 de febreiro de 2021. O Concello organiza un curso online sobre “Manipulación de alimentos” dirixido a persoal que traballe no sector hostaleiro da cidade. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, indicou que se ofrecerán un total de 50 prazas e avanzou que as persoas interesadas en anotarse deben escribir un correo electrónico á dirección: promocioneconomica@naron.es. Deben indicar no mesmo o seu nome e apelidos, o DNI, un teléfono de contacto, enderezo electrónico e indicar en que establecemento hostaleiro da cidade están traballando. Enfermidades transmitidas polos alimentos, infeccións e intoxicacións alimentarias, microorganismos máis comúns, materiais en contacto cos alimentos, desinfección e desratización e o lavado de mans do manipulador de alimentos forman parte dos contidos desta acción formativa. O edil naronés explicou que a través deste curso, “apostamos por ofrecer ao colectivo formación en hixiene alimentaria, para que dispoñan de todos os recursos necesarios para cumprir a normativa e as instrucións sanitarias en vigor sobre esta materia”. Pita avanzou ademais que “o feito de que o curso se realice online permitirá unha maior flexibilidade á hora de que as persoas que estean traballando poidan tamén realizalo, con contidos multimedia e que ofrecerá os coñecementos necesarios para que as persoas que o precisen poidan obter o certificado de manipulador de alimentos”. As prazas ofertadas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tal e como indicou o edil naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal