Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ANIMA AOS HOSTALEIROS LOCAIS A PARTICIPAR NO WEBINAR ORGANIZADO POLA XUNTA PARA INFORMAR AO SECTOR TURÍSTICO DA PLATAFORMA TURESPAZO
A edil de Turismo, Natalia Hermida, indicou que a Xunta trasladou hoxe ao Consistorio a convocatoria, na que tamén se abordará a normativa que entra en vigor o vindeiro venres, día 5
Narón, 2 de marzo de 2021. O Concello de Narón informa da celebración, mañá mércores, dun webinar organizado pola Xunta –tal e como trasladou hoxe ao Consistorio- e dirixida ao sector hostaleiro co fin de informar sobre o funcionamento da ferramenta Turespazo. A convocatoria dará comezo ás 11.00 horas e na mesma intervirán a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; o xefe de área de Innovación Turística, Jorge Barreiro; o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González, acompañado da asistencia técnica do citado organismo e representantes das asociacións de axencias de viaxes galegas. A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, indicou que para asistir ao webinar deberán rexistrarse previamente no enlace: https://bit.ly/3sF3w4D. Na convocatoria explicarase cómo a través da ferramenta Turespazo os establecementos poderán descargar o cartel necesario para a apertura dos establecementos, obrigatorio dende o vindeiro venres, día 5, e o uso da plataforma Turespazo. Durante a celebración da mesma os asistentes poderán realizar as preguntas que estimen oportunas e que serán atendidas a través do chat do webinar, tal e como se indicou dende a Xunta. A conexión ao evento permitirase a partir das 10.55 horas de mañá mércores e as persoas que teñan dificultades para conectarse poden pedir asistencia no correo: cau-videoconferencias@xunta.gal. Unha vez rexistrado no evento a persoa recibirá un correo electrónico automático confirmando a inscrición e donde lle facilitarán a ligazón de acceso ao webinar. O límite de participación estableceuse en 1.000 persoas, segundo se indicou dende a Xunta. As persoas que queiran consultar unha guía rápida de uso de Turespazo e o procedemento para a declaración responsable de aforo e trazabilidade poden facelo tamén dende a web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/declaracion-capacidade-maxima. Os axentes da Policía Local de Narón estiveron a pasada fin de semana ofrecendo aos locais de hostalería da cidade que reabriron ao público información sobre as medidas de prevención específicas que entraron en vigor en Galicia o pasado venres e, en particular, fixeron tamén incidencia nas que entrarán en vigor a partir do vindeiro día 5.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal