Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETOMOU OS CONSELLOS DE PARTICIPACIÓN INFANTIL CO ALUMNADO DE CENTROS DE ENSINO DA CIDADE
Os concelleiros de Seguridade Cidadá, Román Romero, e Servizos, Ibán Santalla, atenderon por videoconferencia ao alumnado que lles plantexou algunhas propostas para a cidade
Narón, 2 de marzo de 2021. Os edís de Seguridade Cidadá, Román Romero, e Servizos, Ibán Santalla, participaron en dúas videoconferencias programadas dende o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón con escolares da cidade. A iniciativa forma parte dos Consellos de Participación Infantil, un proxecto que se retoma agora dende o Concello tras suspéndelo o pasado curso escolar con motivo da situación sanitaria derivada da Covid-19. “A idea é rematar no que queda deste curso as diferentes propostas nas que estaba traballando o alumnado de colexios da cidade, que formulan por aulas diferentes peticións aos representantes do goberno local e que nos presentan a través desas videoconferencias que retomamos esta semana para conversar con eles”, explicou Romero. A primeria das xuntanzas telemáticas tivo lugar onte e na mesma participaron o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, e alumnado de primeiro curso de ESO do colexio Jorge Juan. Nesta ocasión os escolares “presentaron unha proposta para que pintásemos pictogramas xusto diante de pasos de peóns para axudar a persoas con autismo, facilitándolles a comprensión deste tipo de sinalización viaria”, explicou Romero. O edil naronés valorou a proposta formulada polas rapazas e rapaces do Feal, en canto permitirá, destacou “advertir ao colectivo ao que se dirixen de que teñen que parar, mirar aos dous lados e comprobar que non circulan vehículos ou ver que estean parados e cruzar con todas as precaucións, ofrecendo así maior seguridade”. O concelleiro solicitou aos escolares que lle remitisen a súa proposta tal e como a teñen plantexada e comprometeuse a analizar a viabilidade de levala a cabo por fases, “integrándoos nos Camiños Escolares Seguros, para seguir avanzando en materia de accesibilidade e en facer de Narón unha cidade cada día máis inclusiva”. A continuación o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, reuniuse tamén por videoconferencia co alumnado de sexto curso do colexio do Feal, que solicitou a colocación dunha estrutura –segundo o seu plantexamento con forma de peixe- para poder depositar alí tapóns de plástico, co fin de posteriormente se poidan reciclar. O edil tamén agradeceu a proposta dos escolares e avanzoulles que dende o goberno local xa se está traballando nunha proposta similar. Santalla asegurou que “teremos en conta o plantexamento formulado dende o centro co fin de poder materializar en breve esta iniciativa e colocar algunhas estructuras na cidade con esta finalidade”. Os concelleiros naroneses agradeceron o traballo realizado polo alumnado dos centros que participan nos Consellos de Participación Infantil e tamén do profesorado que os orienta no labor que desenvolven. Alumnado de quinto e sexto de Primaria presentará este mes as súas propostas a outros edís da corporación local, estando xa programadas outras videoconferencias con Román Romero e tamén cos edís Pablo Mauriz, de Obras, e Santiago Galego, de Sanidade e Medio Ambiente. Os Consellos de Participación Infantil rematarán o día 23 deste mes, cando está prevista a simulación dun pleno que presidirá a alcaldesa, Marián Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal