Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA DOUS ESPECTÁCULOS DO "VI FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL SINGULAR"
O venres e o sábado terá lugar a estrea da obra “Libre coma os paxaros”, de Teatro do Atlántico, e o domingo representarase a comedia “Feo!”, de Caramuxo Teatro
Narón, 8 de marzo de 2021. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana a estrea da obra teatral “Libre coma os paxaros”, da compañía Teatro do Atlántico e a representación da peza “Feo!”, de Caramuxo Teatro. Trátase do segundo espectáculo enmarcado na sexta edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, que se iniciou o pasado sábado no Pazo. As entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web: www.padroadodecultura.es. ata completar o aforo permitido na actualidade, de 250 persoas nas butacas e de 50 no Café Teatro. “Libre coma os paxaros” poderá verse o venres ás 20.30 horas e o sábado ás 20.00. A actriz María Barcala protagoniza este espectáculo da compañía galega Teatro do Atlántico, no que unha muller toma a palabra e se proclama posuidora da súa liberdade. Barcala métese na pel de Rosalía de Castro, unha muller amante da literatura e a poesía, da lingua do seu país, crítica co expolio do patrimonio forestal… O prezo das entradas é de 9,50 euros para público xeral e de 6,65 en tarifa reducida. Esta obra programouse atendendo tamén aos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, na cidade. Na xornada do domingo poderase ver a peza “Feo!”, tamén dunha compañía galega, Caramuxo Teatro, que se representará no Café Teatro ás 18.00 horas. Trátase dunha peza enmarcada no “Singulariño!”, o apartado dirixido ao público familiar e infantil do Festival Singular. Juan Rodríguez subirase ao escenario para presentar este espectáculo de pequeño formato e que se inspira en “O parrulo feo”, de Hans Cristhian, dirixido a menores a partir de 3 anos e ás súas familias. A historia desenvólvese nunha pequena fábrica de parrulos de goma, que produce cada día centos de parrulos da mesma cor e tamaño, pero de onde un día sae un diferente a todos. Esta comedia é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para público xeral, 6,65 en tarifa reducida e 5,50 para as nenas e nenos.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es