Haberá teatro, música gospel, danza, zarzuela e maxia
Narón, 16 de Setembro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presentou hoxe en rolda de prensa a programación cultural de outono, que acollerá o Pazo da Cultura. Haberá teatro, gospel, danza, zarzuela e ata maxia, tal e como sinalou o rexedor. Blanco indicou que dende o Concello inténtase manter a calidade da programación teatral que teñe Narón dende fai anos.
A programación cultural programada polo Padroado de Cultura é a seguinte:
SETEMBRO
-Venres 18 e sábado 19: Teatro O segredo dos Hoffman de Lagarta, Lagarta.
-Sábado 26 e domingo 27: Teatro A piragua de Candido Pazó, e Abrapalabra
OUTUBRO
-Sábado 3: Danza clásica El lago de los cisnes, do Ballet Nacional de Cuba
-Venres 9 e sábado 10: Teatro O xoto de Yalta. Afterplay de Teatro do Atlántico
-Sábado 17: Teatro Maná maná de Los Ulém
-Sábado 24: Teatro Anxeliños de Espello Cóncavo.
-Sábado 31: Danza contemporánea Pisando ovos de Tres.
NOVEMBRO
-Venres 13: Musical Mundo y final, de Ron Lalá.
-Domingo 15: Zarzuela Nuestra zarzuela de Cia. Zarxuela Damunt.
-Sábado 21: Teatro Glass city (cidade de cristal) de Teatro do Noroeste
-Sábado 28: Teatro Náufragos de Teatro Galileo
DECEMBRO
-Sábado 5: Teatro Brokers de Yllana
-Sábado 12: Maxia Enigma de Luis de Matos
-Luns 21: Música Gospel Georgia Mass Choir
-Martes 22: Música Gospel Black Heritage Choir
-Mércores 23: Música Gospel Amen Gospel Choir