Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS 250 ESCOLARES DE CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARTICIPARAN NOS OBRADOIROS DE CONVIVENCIA E PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOOLAR
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, incidiu na importancia de ofrecer as ferramentas e información necesarias para traballar en materia preventiva
Narón, 12 de marzo de 2021. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou o inicio neste segundo trimestre do curso escolar dos obradoiros de convivencia e prevención do acoso escolar. Un total de 246 menores de primeiro da ESO e sexto curso de educación Primaria de centros de ensino da cidade participarán nas vindeiras semanas nestes obradoiros impulsados polo Concello. Taibo indicou que se implicaron nesta iniciativa os colexios de Piñeiros, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, A Gándara, Ponte de Xuvia e o instituto de As Telleiras. “Nestes centros comezaron a impartirse as sesións do segundo trimestre, que se prolongarán durante todo este mes de marzo e coa previsión de continuar desenvolvéndoos ata o mes de maio, incluído”, explicou a edil. A duración das sesións é de aproximadamente unha hora e a través deste proxecto “apostamos por ofrecer ao alumnado, ás súas familias e ao profesorado dos centros unha serie de ferramentas que permitan detectar posibles casos de acoso escolar nas aulas e, ao mesmo tempo, reflexionar sobre a convivencia en diferentes contextos, entre eles situacións de relacións baseadas na violencia en calquera das súas posibles manifestacións”, apuntou Taibo. A edil indicou ademais que “as rapazas e rapaces deben coñecer os riscos aos que se expoñen a día de hoxe a través das novas tecnoloxías, que poden chegar a ocasionar graves perigos tamén no campo do acoso escolar”. Taibo explicou que a través dos obradoiros que se están impartindo nas aulas “os menores poderán identificar situacións de acoso e ciberacoso e tamén saberán actuar no caso de que se detecten, fomentando así a erradicación deste tipo de condutas que lamentablemente se producen e sobre as que debemos incidir en materia de prevención”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es