Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ECOEMBES FELICITOU AO CONCELLO POR SUPERAR AS MEDIAS GALEGA E ESTATAL NA RECOLLIDA DE RESIDUOS DOS CONTENEDORES AZUIS E AMARELOS EN 2020
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, participaron hoxe nunha reunión telemática con representantes de Ecoembes
Narón, 15 de marzo de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, participaron este mediodía nunha xuntanza con Bruno de Llano e Chelo Rivas, da empresa Ecoembes, para coñecer os datos relativos á reciclaxe no municipio durante o pasado ano. Os representantes de Ecoembes trasladaron á alcaldesa a súa felicitación por obter o Concello “moi bos datos na recollida tanto do papel e cartón como de envases de plástico –e outros do contenedor amarelo- en 2020”. En concreto, tal e como avanzou Rivas, “a recollida dos contenedores de papel e cartón estivo o pasado ano por riba da media estatal e galega e no caso dos contenedores amarelos tamén superaron a media galega”. Dende Ecoembes informaron sobre a evolución de impropios por habitante e ano no período 2016-2019 e incidiron en que na cidade durante o pasado 2020 “estivose recollendo moito e de moita calidade, cun descenso nos impropios ao depositar os residuos nos contenedores axeitados. Son datos que a falta de concretar as cantidades de recollida entre agosto e decembro xa nos permiten avanzar que a facturación do pasado ano será superior á de 2019”. Ferreiro e Santalla avanzaron cos representantes de Ecoembes nas accións ás que se vai adherir o Concello ao longo deste ano en materia de reciclaxe. “Queremos que as cifras de recollida selectiva continúen incrementándose e con esta finalidade sumarémonos a iniciativas de Ecoembes dirixidas á cidadanía en xeral e tamén a sectores específicos como a hostalería aos que agradecemos a súa colaboración e implicación nestas campañas e na separación dos residuos no seu día a día”, asegurou a alcaldesa. Así mesmo, destacou que “é precisamente esa implicación a que permite que a nosa cidade sexa un referente e continúe apostando pola separación dos residuos para a súa posterior reciclaxe, un aspecto fundamental para coidar e respectar o medio ambiente”. A alcaldesa subliñou que “a concienciación medioambiental da cidadanía é o que nos permite obter estes excelentes resultados en Narón que nos avanzaron hoxe na reunión e que próximamente coñeceremos máis polo miúdo, polo que seguiremos traballando nesta liña”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal