Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE OS VINDEIROS DÍAS 23, 24 E 25 DE MARZO Á CIDADE
As persoas que se acheguen a doar sangue deberán presentar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e informar se está a tomar algún medicamento
Narón, 16 de marzo de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase nos vindeiros días 23, 24 e 25 de marzo á cidade. Nas xornadas do martes 23 de marzo e mércores 24 de marzo o vehículo localizarase ao carón do centro de saúde, na rúa 25 de Xullo, entre as 15.30 e as 21.00 horas. Durante a xornada do xoves 25 de marzo, a unidade móbil permanecerá estacionada nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, en horario de 15.30 a 21.00 horas. Debido á actual situación sanitaria e para escalonar a afluencia de doadores/as trabállase con cita previa para evitar esperas, podendo chamar para reservala as persoas que o desexen ao número de teléfono (de balde): 900 100 828. O persoal das unidades móbiles de ADOS e dos locais de doazón segue exhaustivos protocolos de seguridade para a prevención da Covid-19. Aquelas persoas que acudan a doar sangue deben almorzar previamente e, no caso de xantar, esperar dúas horas antes de realizar a extracción. Haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que se estea tomando algún medicamento. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade e a colaboración cidadá é fundamental.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal