Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ MAÑÁ NAS INMEDIACIÓNS DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN
O persoal da unidade móbil de ADOS atenderá ás persoas que acudan a doar en horario de tarde, entre as 15.30 e as 21.00 horas
Narón, 23 de marzo de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá mañá estacionada nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, entre as 15.30 e as 21.00 horas. Dende ADOS realizan un chamamento á poboación para que acuda a doar, especialmente persoas con grupo A+, A-, 0+ e B-, incidindo en que na actualidade as reservas dos mesmos presentan niveis baixos e é preciso reforzalos. “O aumento na demanda de componentes sanguíneos e a coincidencia de datas festivas nestas semanas ten repercutido nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos por mor do incremento da actividade asistencial hospitalaria e dos transplantes de órganos”, explicaron dende ADOS. Así mesmo, recoméndase ás persoas que acudan a doar sangue que reserven cita previamente chamando –de balde- ao número de teléfono 900 100 828. Antes da doazón é preciso almorzar e, no caso de xantar, deberanse esperar dúas horas para realizar a extracción. Ao persoal da unidade móbil haberá que presentarlle a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es