Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NA ACTIVIDADE "O MEU LIBRO É PARA TI" ORGANIZADA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que as persoas que desexen participar dispoñen de prazo ata o 31 de marzo para inscribirse
Narón, 25 de marzo de 2021. A Biblioteca municipal manterá aberto ata o 31 de marzo o prazo de inscrición na actividade “O meu libro é para ti”, unha proposta organizada para conmemorar o Día Internacional do Libro, tal e como indicou a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo. “Trátase dunha adaptación do proxecto Libros que importan e que se dirixe ás usuarias e usuarios da Biblioteca, que agasallarán a outra persoa co seu libro favorito e recibirán tamén a cambio unha lectura que é especial para alguén”, explicou a edil naronesa. As persoas que participen deberán elixir primeiro unha lectura do seu agrado e localizar ese libro na súa casa ou mercalo para, a continuación, escribir nas primeiras follas da publicación as razóns polas que lle gusta. Precisamente esa dedicatoria –anónima ou non-, tal e como indicou Taibo, “é a parte que lle dará sentido a esta actividade porque aí, con esas palabras persoais, é donde se diferenciará dun intercambio tradicional de libros”. Unha vez escrita haberá que enviar o libro á Biblioteca municipal, persoalmente ou por correo ordinario á dirección: Biblioteca municipal de Narón. Rúa 25 de Xullo, s/n. C.P.: 15570, Narón (A Coruña). O envío debe chegar antes do 9 de abril para que o libro estea unha semana en corentena, antes de entregarllo a outra persoa, á que se lle enviará á casa –só dentro do territorio nacional- ou que o poderá recoller na propia Biblioteca, adicado por outro dos participantes. A actividade diríxese a persoas de todas as idades e as inscricións poden realizarse presencialmente na Biblioteca municipal ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 en horario de apertura das instalacións.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es