Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBRARÁ O 27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO, COA PROGRAMACIÓN DO PADROADO DA CULTURA DE NARÓN NO PAZO E ACTIVIDADE DA ESCOLA DE TEATRO A TRAVÉS DAS REDES
Representacións en vivo no Pazo e actuación teatral nas redes a cargo da Escola de Teatro de Narón rendirán homenaxe ás Artes escénicas o Día Mundial do Teatro
Narón, 26 de marzo de 2021. Cada 27 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Teatro. Esta é a data escollida no ano 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) e a comunidade teatral internacional para que se realicen desde entón, en todos os lugares do mundo, numerosos actos para visibilizar e reivindicar a arte do Teatro e os seus oficios. O Padroado da Cultura do Concello de Narón e a súa Escola de Teatro convidan ao público a sumarse, o vindeiro sábado 27 de marzo, á celebración do Día Mundial do Teatro, asistindo á súa programación teatral en vivo no Pazo da Cultura e sendo partícipes da actividade da Escola de Teatro a través das redes. Dentro do Festival Singular, terá lugar a estrea en España do espectáculo “L@s niñ@s del Winnipeg”, da compañía chilena La llave maestra. Creada a partir dunha investigación histórica e de conversas con sobrevivintes do Winnipeg, o barco que trasladou a Chile a máis de 2000 refuxiad@s da guerra española no ano 1939, a obra está plantexada desde a vivencia de catro nen@s e a súa particular maneira de observar os duros acontecimentos que padeceron: a guerra, a fuxida e o exilio. Será no Pazo da Cultura, ás 8 da tarde. As entradas están á venda na billeteira do Pazo e na páxina web www.padroadodecultura.es Na canle de Youtube do Padroado da Cultura poderase ver o espectáculo “Será por camiños”, de Jose Prieto e Manuel Areoso, interpretado por alumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores, con dirección de Celia González. A peza conta a historia das aventuras polo camiño que vai desde O Couto a Santo André dun xograr e unha moza escapada do Mosteiro, onde a tiña gardada a súa familia para casala por conveniencia. Na gravación que ofreceremos participaron, tocando en directo a música orixinal do espectáculo, o seu creador, o actor e músico Carlos Mosquera “Mos”, e o músico Fernando Couce.. O propio sábado 27 poñerase na páxina de Facebook do Padroado o enlace ao vídeo do espectáculo. Como parte das actividades arredor desta data, alumnado do Practicum da Escola de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón, participa durante esta semana no curso intensivo “Adestramento actoral arredor dun texto”, impartido pola actriz María Barcala, a quen o público tivo ocasión de ver recentemente dentro do Festival Singular, na estrea de “Libre como os paxaros”, o último espectáculo da compañía Teatro do Atlántico. Nos seus 40 anos de historia a Escola de Teatro leva realizadas un sen fin de representacións en todos os recantos do país, axudou a formarse a moitas das Compañías profesionais e Grupos amadores de Teatro que manteñen viva a escena galega, e forneceu de artistas da actuación, da escrita e da dirección, e mesmo de persoal técnico, ó panorama teatral e audiovisual galego.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es