Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O MARTES 30 DE MARZO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE OPERADOR-A DE CARRETILLAS E PLATAFORMAS ELEVADORAS-PEMP CON CERTIFICACIÓN UNE
A presentación de solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Narón farase no horario do Rexistro de 8.30 a 13.30 horas
Narón, 26 de marzo de 2021. A concellería de Formación, dirixida pola concelleira Natalia Hermida, convoca un curso de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP con certificación UNE. A convocatoria forma parte do Programa Municipal de Formación do Concello e diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, e non ter concedido outro curso do programa municipal de formación coincidente temporalmente na realización. A edil naronesa avanzou que se ofertarán un total de 12 prazas e que se poderán tramitar as inscricións desde o día 30 de marzo ás 8.30 horas, ata o día 7 de abril ás 13.30 horas. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Hermida informou que o curso consta dun total de 75 horas, o lugar de celebración será o Centro municipal de formación “Irmás Froilaz”, na Gándara, e as datas previstas do 14 de abril ao 5 de maio de 2021, cun horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e o listado provisional de admitidos, suplentes e excluídos publicarase na Sede Electrónica do Concello de Narón. O alumnado seleccionado será informado telefónicamente da súa admisión, para a confirmación da plaza e terá que comprometerse a cumprir as normas do curso, incluída a normativa en materia de seguridade e hixiene. Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello –apartado de Formación-, a Sede Electrónica, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109)

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal