Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS ENTRADAS Á VENDA PARA O CONCERTO DE PABLO MILANÉS QUE TERÁ LUGAR NO PAZO DA CULTURA O VINDEIRO MES DE MAIO
A cita terá lugar o día 8 de maio ás 20.00 horas e na actualidade quedan á venta 40 entradas das 250 permitidas na actualidade no aforo do Pazo
Narón, 9 de abril de 2021. O cantautor Pablo Milanés (Cuba, 1943) presentará no Pazo da Cultura o vindeiro 8 de maio a súa nova xira, “Días de luz”, cunha posta en escena marcada por un formato íntimo e reflexivo para un novo tempo e unha aposta por abrir un novo horizonte, tan preciso nestes momentos, a partir dunha reflexión máis intimista e esperanzadora. O concerto dará comezo ás 20.00 horas, estando actualmente a piques de esgotarse as entradas para completar o aforo permitido na actualidade, de 250 persoas. Poden adquirirse as últimas corenta dispoñibles a día de hoxe no despacho de billetes do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo das entradas é de 22 euros para o público xeral e de 15,40 en tarifa reducida. O trovador cubano afronta este novo ano con ganas, entusiasmo e coa sinatura dun novo disco, avanzando que se publicará en formato dixital todo seu catálogo discográfico. Milanés é un dos principais exponentes da canción de autor en español e soubo abordar unha ampla diversidade de xéneros da música cubana e americana na súa traxectoria grazas á súa versatilidade interpretativa. Considerado un dos principais exponentes da canción de autor en español, Pablo Milanés acaba de publicar a súa derradeira composición, “Esperando el milagro”, unha súplica para chamar a meditar sobre o presente que vivimos e un futuro que se quere sentir esperanzador. Con esta estrea Pablo Milanés anuncia tamén o seu próximo disco que Universal Music España ten previsto distribuír ao longo do año. Un traballo que contará con outras composicións, como “Vestida de mar”, adicada á súa querida cidade da Habana, e “Día de luz”. Acompañado no escenario por Ivonne Téllez, ao piano, e a chelista Caridad R. Varona, o cantautor atoparase co seu público nos concertos da súa nova xira “Días de Luz”, coa que aposta por abrir un novo horizonte. Xunto con composicións novas, como “Día de luz”, un canto ás incertidumes actuais e ao amor como o seu refuxio, ou a máis recente “Esperando el milagro”, que invita a unha profunda reflexión sobre a tráxica pandemia que asola ao planeta. No directo de Pablo Milanés non faltarán temas clásicos como: “El breve espacio”, “Yolanda”, “Ya ves” o “Para vivir”. Tras recibir dous Grammy Latinos en 2006, e un Grammy á Excelencia Musical en 2015, Pablo compuxo e gravou en solitario e en colaboracións con outros músicos. De ahí que 2021 veña con novos proyectos, como o lanzamento internacional dun disco en inglés que reúne clásicos do jazz americano, un traballo só coa súa guitarra, de temas novos e outros antigos nunca publicados, así como outras novidades.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal