Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO MANTERÁ O SEU COMPROMISO DE COLABORACIÓN CO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
A edil de Benestar Social, Catalina García, valorou o traballo que se realiza dende o colectivo e incidiu na importancia de colaborar cos países máis desfavorecidos
Narón, 10 de abril de 2021. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, participou vía telemática na asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que se celebrou o pasado mércores, coincidindo co Día Mundial da Saúde. Na xuntanza resolveuse a convocatoria de axudas da asociación, á que se presentaron un total de doce propostas centradas en dez países e tamén se fixo balance do pasado exercicio, marcado pola pandemia, e se aprobou por unanimidade o Plan de Actividades correspondente a este ano. García valorou a mención que na convocatoria se fixo específicamente ao Concello de Narón, que destinou unha partida de 12.000 euros a colaborar nunha iniciativa que permitiu adquirir material de protección e hixiene fronte á covid-19 en nove municipios de Mozambique, así como ofrecerlles información sobre as medidas preventivas para evitar posibles contaxios por coronavirus. A edil de Benestar Social asegurou que “o Concello de Narón manterá o seu compromiso de continuar axudando na medida do posible ás persoas que viven en países con menos recursos e, con esta finalidade, manteremos tamén este ano o convenio co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para aportar o noso gran de area na axuda ao exterior”. Na reunión tamén se informou de que ao Concello de Narón se lle concedeu, tal e como solicitara, a participación na iniciativa “People&Planet” na que participa o Fondo Galego xunto con entidades doutros oitos países para concienciar á mocidade sobre as graves consecuencias do cambio climático e, ao tempo, reforzar aos gobernos locais na promoción da sustentabilidade ambiental. “No caso de Narón realizarase un mural, que é un dos proxectos contemplados nesta iniciativa, nun lugar aínda por determinar e que se sufragará con cargo a fondos europeos”, avanzou García. A edil naronesa animou aos concellos que aínda non forman parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a sumarse ao colectivo “para colaborar na medida en que poidan e traballar conxuntamente para acadar os obxectivos marcados pola Axenda 2030 e sensibilizar á poboación sobre a solidariedade internacional”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es