Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DOS ESPECTÁCULOS "MELANCOHOLEMIA" E "DON GAIFEROS"
As entradas dispoñibles ata completar o aforo poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es
Narón, 12 de abril de 2021. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana a representación de dous espectáculos teatrais, a comedia “Melancoholemia” e a obra de teatro musical “Don Gaiferos”, o sábado 17 e o domingo 18 respectivamente. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es ata completar o aforo permitido na actual situación sanitaria. A compañía Con de Tres Pés SL. trae a Narón a comedia “Melancoholemia”, obra de Antón Reixa e na que ademais actúa compartindo escenario con Antela Cid. Reixa interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos convidados nunha sesión de portas abertas. A posta en escena complétase coa presencia de Antela Cid e tamén coa música de Cachopou, dirixidos polo dramaturgo vasco Fernando Bernués. A obra prevista para este sábado comezará ás 20.00 horas. Na xornada do domingo o Pazo acollerá un espectáculo dirixido a público familiar e infantil: “Don Gaiferos”, da compañía Monicreques de Kukas. A partir das 18.00 horas poderase ver esta obra na que actores, monicreques e músicos, a modo de opereta protagonizan un romance popularizado por Don Faustino Santalicese, no que incorporan cancións e músicas do folclore galego. A historia conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago e narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmartlan ata a súa morte aos pés do Santo na catedral de Santiago de Compostela. No seu camiño atopará diversos personaxes que representan os arquetipos das persoas que peregrinan a Compostela.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal