Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMEZAN AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN NOVO PARQUE INFANTIL NO LUGAR DE VILACORNELLE, NA PARROQUIA DO VAL
Os edís de Servizos, Ibán Santalla, e Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona na que se iniciaron os traballos, que suporán ás arcas locais un desembolso duns 45.000 euros
Narón, 13 de abril de 2021. Os edís de Servizos, Ibán Santalla, e Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á parroquia do Val, donde estiveron acompañados por integrantes da AVV “Os Irmandiños”, con motivo do inicio dos traballos de construción dun novo parque infantil. O Concello destina a esta actuación unha partida duns 45.000 euros, contía coa que se habilitará unha zona de xogos para as nenas e nenos no lugar de Vilacornelle, nunha parcela de titularidade municipal ubicada nas inmediacións do colexio do Val, o local social e a pista polideportiva da parroquia. Dende o goberno local avanzouse que o novo parque terá unha zona especificamente delimitada para instalar unha tirolina, un columpio dobre e outro de serpe e unha vagoneta. A previsión é que os traballos actualmente en execución estean rematados a comezos do verán. A materialización deste proxecto permitirá cumprir un compromiso acadado polo goberno local coa veciñanza da parroquia e, ao mesmo tempo, ampliar o número de zonas de lecer ubicadas no rural naronés, neste caso no Val. Nesa mesma parroquia, tal e como se recordou dende o Consistorio, acondicionouse o pasado ano unha parcela de aproximadamente 2.000 metros cadrados xunto ao centro cívico social na que se instalaron mesas e bancos de pedras, plantáronse varias especies de árbores… O parque que agora se está construíndo ofrecerá novas alternativas de ocio para as nenas e nenos nese mesmo entorno, ao estar integrado nesa área que xa acondicionou o Concello naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal