Está situado na rúa 25 de Novembro e dispón dunha pequena praza órredor
Narón, 25 de Setembro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Obras, Carlos Díaz Ramil, inauguraron hoxe unha praza e parque infantil situado na rúa 25 de Novembro, no Alto do Castiñeiro. Esta obra supuxo unha inversión municipal de 80.000 euros, repartidos nos 600 metros cadrados dos que dispón o novo espazo público.
A obra foi realizada no prazo de tres meses, pola empresa Construcciones Germán Mouzo S.L. Sobre esta parcela urbanizouse un paseo diagonal de losa, e foi instalado un pequeno parque infantil (con columpios e varios balancíns), ademáis de mobiliario urbán (6 farolas de acero inoxidable, 4 bancos, 2 papeleiras e unha fonte) e prantación de céspede.
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, explicou que o Concello leva moitos anos mercando patrimonio para realizar obras que repercutan na mellora da calidade de vida dos cidadáns. Agora estamos na última fase, que é a de poñer bonito Narón, comentou. O rexedor expresou a intención do goberno municipal de ir abrindo parques e prazas por todo o municipio, aumentando así o número de zonas verdes das que dispón o Concello.
A este respecto tamén se pronunciou o Concelleiro de Obras. Carlos Ramil lembrou a recente apertura da última fase do parque fluvial do Río Freixeiro e anunciou novas actuacións pendentes de rematar. Temos outras dúas prazas por inaugurar, a da rúa 25 de Xullo e a da rúa Cangas, case finalizadas, dixo. O edil tamén explicou que estase a mellorar o entorno do parque de O Couto para que os veciños poidan disfrutar de espazos públicos coma éstos, comentou.