Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACUDIU Á CONCENTRACIÓN CONVOCADA HOXE PARA URXIR AO GOBERNO CENTRAL E A XUNTA ACTUACIÓNS QUE FREEN A CRISE ECONÓMICA E INDUSTRIAL DAS TRES COMARCAS
Marián Ferreiro concentrouse cos seus homónimos de Ferrol e Fene á mesma hora na que se levou a cabo a concentración ás portas do Consistorio naronés, á que acudiron representantes da corporación local e traballadoras e traballadores do Concello
Narón, 14 de abril de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, sumouse esta mañá á concentración convocada ás 12.00 horas polos sindicatos UGT, CCOO e CIG para demandar ao Goberno central e á Xunta de Galicia solucións que frenen a grave crise económica e industrial que atravesan dende hai anos as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Ferreiro acudiu á convocada en Ferrol, xunto cos seus homónimos de Ferrol e Fene. Así mesmo, no Concello de Narón tamén se secundou a concentración a esa mesma hora diante da porta principal, na que participaron representantes dos grupos políticos da corporación local e tamén das traballadoras e traballadores do Consistorio naronés, que permaneceron na convocatoria durante case media hora. O pasado 31 de marzo nunha xuntanza mantida entre representantes das tres centrais sindicais e alcaldesas e alcaldes da comarca acordouse solicitar reunións e compromisos ás administración central e autonómica coa comarca, que polo momento non se concretaron. Coa finalidade de denunciar a situación actual e de esixir actuacións concretas tiveron lugar as concentracións convocadas hoxe, así como outros actos nos que participaron traballadoras e traballadores de Navantia e representantes do sector empresarial, comerciantes, praceiros, das Confrarías, entidades veciñais e culturais e partidos políticos que se sucederán ao longo desta mesma tarde. Así mesmo, convocouse unha marcha a Ferrol, na que tamén participará a alcaldesa de Narón e representantes da corporación local, que sairá ás 18.00 horas da Praza da Gándara e a esa mesma hora do mercado de Caranza, en dirección á Praza de Armas, donde rematarán os actos programados para o día de hoxe. Ferreiro incidiu na necesidade de que “se tomen medidas con carácter de urxencia dende as administracións con competencias para evitar que nas nosas comarcas continúe agravándose unha crise que padecemos dende hai moitos anos e que non fixo máis que empeorar co paso do tempo debido á falta de implicación tanto da Xunta como do Goberno central coas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal e, polo tanto, coas nosas veciñas e veciños”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal