Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DO LIBRO "COSAL. COMITÉ DE SOLIDARIEDADE CON AMÉRICA LATINA. UNHA EXPERIENCIA SOLIDARIA EN FERROLTERRA 1979-1995"
Marián Ferreiro participou na convocatoria xunto co alcalde de Fene, Juventino Trigo, o voceiro municipal de Ferrol, Julian Reina, e os autores da publicación, Antón Blanco, Xaquín Ros e Anxo Ferreiro
Ferrol, a 14 de abril de 2021. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presentou hoxe aos medios de comunicación xunto co alcalde de Fene, Juventino Trigo, e o voceiro do Concello de Ferrol, Julián Reina, o libro "Cosal. Comité de Solidariedade con América Latina. Unha experiencia solidaria en Ferrolterra. 1979-1995". Acudiron tamén os autores Antón Blanco Carballo, Xaquín Ros Rodal e Anxo Ferreiro Currás. O libro presentarase ao público o día 16 de abril, ás 19.30 horas, no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol, o día 22, á mesma hora, no Pazo da Cultura de Narón e o día 29, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Fene. Ferreiro agradeceu aos escritores o labor desenvolvido “naquela época e agora, coa redacción do libro”, mentres que Trigo destacou a necesidade de “non perder a perspectiva solidaria nun mundo no que cada día medran máis as desigualdades”. Pola súa banda, Reina agradeceu o labor desenvolvido polos protagonistas por “recuperar a historia” e destacou a relevancia de lembrar o traballo que se fixo e o que se pode facer no futuro”, apuntando que “é vital retomar a conciencia solidaria e colectiva” e que a xente nova se achegue á realidade recollida no libro. Ros Rodal, en nome dos tres autores, agradeceu a colaboración dos tres concellos na difusión dun libro que recolle “non só a experiencia do Comité de Solidariedade con América Latina senón tamén acontecementos como o xurdimento da movida musical e o nacemento de novos movementos sociais”. O fin foi “rescatar a memoria colectiva dunha experiencia histórica na que se implicou moita xente” e agradeceu que os concellos de Ferrol, Narón e Fene valoraran que “merecía a pena recoller todo aquilo nun documento”. O libro distribuirase non só na comarca, senón tamén entre varias universidades tanto españolas como latinoamericanas.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es