Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA ANUNCIA CAMBIOS NAS RESTRICIÓNS POLA COVID-19 QUE ENTRARÁN EN VIGOR O VINDEIRO VENRES
Unha das medidas que se aplicarán é o retraso dunha hora na restrición da mobilidade nocturna, que pasará a ser a partir das 23.00 horas
Narón, 14 de abril de 2021. A Xunta de Galicia anunciou hoxe as novas medidas no proceso de desescalada en Galicia que entrarán en vigor ás 00.00 horas do vindeiro venres 16 de abril. Unha delas será o cambio no horario da restrición da mobilidade nocturna -actualmente fixada ás 22.00 horas- que pasará a retrasarse ás 23.00 horas. En canto á hostalería, o peche xeral (bares) mantense ás 21.00 horas, se ben poderán abrir ata as 23.00 horas os locais de hostalería (restaurantes) que teñan licenza de restaurante sempre e cando dispoñan de sistemas de reserva e cita previa, sistemas de rexistros de clientes analóxicos ou dixitais e medidores de concentración de CO2. Así mesmo, manterase o peche perimetral da comunidade autónoma galega e só se poderá saír por motivos xustificados (sanitarios, laborais...). No que respectá ás reunións sociais, seguirán limitadas a un máximo de catro persoas no interior e seis no exterior tanto no ámbito público como no privado. Ademais, avanzouse que unha vez rematado o proceso de vacinación das persoas usuarias das residencias de maiores e de discapacidade, flexibilizarase a apertura destes centros: os residentes poderán recibir visitas de calquera dos seus familiares e achegados, iso si, sempre con cita previa. As saídas dos residentes que ata o de agora limitábanse a dúas á semana de dúas horas como máximo, pasarán a permitirse ata tres á semana, de ata catro horas. Os concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal están en nivel medio-baixo de restricións, excepto Ortigueira que está en nivel medio. A nivel xeral recordouse a importancia de continuar cumprindo escrupulosamente todas as medidas sanitarias para evitar posibles contaxios por coronavirus, entre elas o uso obrigatorio da máscara, o mantemento da distancia de seguridade e lavar as mans con frecuencia.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es