Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 220 ESCOLARES DE CINCO CENTROS DO MUNICIPIO PARTICIPARON NA ELABORACIÓN DOS MURAIS "AS MULLERES PINTAN MOITO NA HISTORIA"
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, destacou que a través desta iniciativa apóstase por recoñecer o papel das mulleres na loita pola igualdade de oportunidades
Narón, 15 de abril de 2021. A concellería de Ensino, dirixida pola edil Mercedes Taibo, impulsou un ano máis a iniciativa “As mulleres pintan moito na historia”, un programa de decoración de espazos urbáns nos centros educativos. Este ano participaron na convocatoria un total de 222 rapazas e rapaces de educación Primaria e Secundaria, tal e como indicou Taibo, que destacou a calidade dos traballos realizados polo alumnado dos CEIP A Solaina, Virxe do Mar e A Gándara, do CPI O Feal e do IES As Telleiras. Dende comezos do pasado mes de marzo realizáronse nos centros cinco murais, con técnicas de graffiti e pintura, adicados neste curso escolar a mulleres relevantes na historia por ser pioneiras, defensoras do feminismo e un exemplo a seguir no camiño da loita pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Dos cinco murais realizados os escolares de cuarto de Primaria do CEIP da Solaina, de terceiro da ESO do CPI do Feal e de terceiro e quinto curso de Primaria do CEIP Virxe do Mar adicáronse a Elisa e Marcela, pioneiras dos dereitos do colectivo LGTBI e protagonistas do primeiro matrimonio entre dúas mulleres do que hai constancia en España, en xuño de 1901. Alumnado de educación Plástica do IES As Telleiras adicou o deseño á pintora lucense Maruja Mallo, unha das principais representantes da Xeración do 27 en España, e os escolares de sexto de Primaria do CEIP A Gándara a Isabel Zendal, tamén galega e primeira enfermeira en participar nunha misión internacional. “O alumnado destes centros coñeceu a biografía das protagonistas destes murais nas aulas para posteriormente participar no deseño realizado co fin tamén de visibilizar o papel relevante das mulleres ao longo da historia e, ao tempo, serviu para fomentar a creatividade dos menores e tamén o traballo en grupo”, explicou Taibo. Os cinco murais realizáronse cumprindo os protocolos da Covid-19, en grupos burbulla que traballaron en zonas exteriores e coordindos cos monitores desta actividade.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es